Outros proxectos - ONG MESTURA
16862
page-template-default,page,page-id-16862,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

OUTROS PROXECTOS

SAIMI: PROGRAMA DE SAÚDE INTEGRAL A MULLERES INMIGRANTES

O programa «SAIMI: Saúde Integral a Mulleres Inmigrantes» ten como obxectivo fomentar o benestar psicoemocional de mulleres inmigrantes residentes en distintas provincias galegas, favorecer o seu coñecemento e accesibilidade a recursos e programas sociosanitarios e previr condutas de risco que poden comprometer a súa saúde integral, dende un enfoque de xénero.

As accións contempladas neste proxecto son atencións psicoemocionais en contexto terapéutico, charlas sobre recursos sociosanitarios e accións de sensibilización sobre aspectos de saúde da muller.

Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

A TÚA VOZ

O proxecto «A túa voz» baséase na creación dunha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadores lingüísticos entre migrantes que non dominan os idiomas locais e a súa contorna, co obxectivo último de facilitar o seu proceso de inclusión social.

O programa favorece tamén, polo tanto, a participación de persoas voluntarias en accións solidarias relacionadas coa migración.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

PAI: PROGRAMA DE AXUDAS DE INCLUSIÓN

O proxecto «PAI: Programa de Axudas de Inclusión» busca favorecer a inclusión social de persoas migrantes en risco ou situación de exclusión que habitan na Área Metropolitana de A Coruña a través de información, orientación e apoio na tramitación de recursos sociais. Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

PÏX – EMPRÉGATE: PROGRAMA DE ITINERARIOS DE INCLUSIÓN XUVENIL

O programa «PÏX – EMPRÉGATE: Programa de Itinerarios de Inclusión Xuvenil», na súa primeira edición, procura mellorar e potenciar a empregabilidade de rapazas e rapaces de entre 17 e 35 anos en risco de exclusión residentes na Área Metropolitana da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, mediante itinerarios de inclusión sociolaboral personalizados con orientación laboral, formacións e becas.

O programa está subvencionado por la Consellería de Política Social e Xuventude da XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

AULAS DE BABEL

«Aulas de Babel» é un espazo socioeducativo para mozos e mozas de familias migrantes en risco de exclusión social, que están a cursar educación secundaria. O seu obxectivo é mellorar os procesos de aprendizaxe e adquirir un hábito de estudo. Ademais, se promove a educación en valores, a adquisición de habilidades sociais e de competencias dixitais asociadas a vida diaria. Este proxecto esta financiado pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

MESTURANDA

«MesturAnda» é un proxecto que promove a acción voluntaria en actividades de sensibilización sobre interculturalidade ou outras temáticas sociais desenvolvidas na entidade, para o fomento de valores de igualdade e tolerancia dentro do contexto comunitario e educativo. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.

MESTÚRATE SENIOR

O programa «Mestúrate Senior» busca impulsar a acción voluntaria destinada a ofrecer unha atención integral para a mellora do benestar social das persoas migrantes e/ou en risco de exclusión da área metropolitana de A Coruña, a través da participación de persoas maiores de 55 anos en accións solidarias da entidade. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.

XOVES INTERCULTURAIS

O proxecto de «Xoves Interculturais» busca crear espazos de encontro, socialización e intercambio de experiencias entre a poboación xuvenil local e migrante co obxectivo último de empoderar ao movemento xuvenil como parte activa da sociedade e motor de cambio. Ao longo das distintas edicións de «Xoves Interculturais» procurouse por tanto a inclusión da mocidade participante, a nivel laboral e social. Este programa está financiado pola XUNTA DE GALICIA.

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

Os Programas de Cooperación promoven a contratación de persoal con dous obxectivos: mellorar a empregabilidade das persoas contratadas a través da adquisición de experiencia profesional, e garantir a continuidade dos servizos da entidade, cada vez máis demandados, para cubrir as necesidades da poboación obxectivo.

Este programa está subvencionado pola XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO DE ESPAÑA.

PROGRAMA ALSIHA: SERVIZO DE PSICOTERAPIA EN CAMBRE

A Ong Mestura colabora co Concello de Cambre no «Servizo Psicoterapia», a disposición daqueles veciños e veciñas residentes no concello que se atopen en situación de risco de exclusión social, para facer un acompañamento psicoemocional e favorecer á súa inclusión social.

PROGRAMA SAM: SERVICIO DE ATENCIÓN A MIGRANTES EN CAMBRE

  • «SAM» é un programa pon a disposición das persoas migrantes vulnerables residentes no Concello de Cambre un servizo de atención que ten como obxectivo favorecer a súa inclusión social. Para iso, o devandito servizo ten as seguintes actividades:
  • Información e asesoramento sobre os servizos que ofrecen as entidades sociais da zona, entre elas a ONG Mestura.
  • Actividades de formación para a adquisición e fortalecemento de habilidades e competencias sociais, lingüísticas e dixitais.

Dito programa foi posible grazas a finanaciación do Concello de Cambre a través da subvención en réxime de concorrencia competitiva en materia de servizos sociais para o exercicio 2021

 

PROGRAMA PISCO: IGUALDADE SOCIAL DOS CONSUMIDORES EN CAMBRE

«PISCO: Programa de Igualdade Social dos Consumidores» consiste na creación dun servizo de orientación xurídica en materia de consumo para persoas en situación de vulnerabilidade social residentes no concello de Cambre.

Subvencionado polo CONCELLO DE CAMBRE.

SERVIZO DE INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DO IMV EN CAMBRE

A Ong Mestura colabora co Concello de Cambre no «Servizo de Información e Tramitación do Ingreso Mínimo Vital», a disposición daqueles veciños e veciñas residentes no concello que se atopen en situación de risco de exclusión social, para facilitar información sobre as característcas e requisitos desta axuda e orientar e acompañar ao proceso de solicitude da mesma.

FRADES INTERCULTURAL / MESTURAS

«Frades Intercultural» é un proxecto que busca promover entre os veciños e veciñas do concello de Frades a participación comunitaria, o fortalecemento de redes de apoio e o desenvolvemento de habilidades e competencias básicas necesarias para actividades da vida diaria, dende unha perspectiva intercultural.

Financiado polo CONCELLO DE FRADES.

EQUIPO A

«Equipo A» é un programa de sensibilización educativa para a mediación preventiva en materia de interculturalidad que contribúe á promoción de actitudes, condutas e cambios sociais que favorecen relacións positivas entre as distintas culturas no contexto educativo. Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

ATOPE

«Atope» é un programa que busca potenciar a emplegabilidade de personas en risco de exclusión social do Área Metropolitano de A Coruña a través de itinerarios personalizados de emprego.

Financiado por FUNDACIÓN “LA CAIXA”.

fundacionlacaixa.org

MERENDOCIO

«Merendocio» é un programa que promove hábitos saudables en canto a alimentación e ocio nos/as menores que participan no espazo socioeducativo da entidade.

Está financiado pola Fundación Banco Santander.

MESTÚRATE

«Mestúrate» é un programa de acción voluntaria xuvenil que promove a participación de xoves apoiando as actividades da entidade. A súa participación é imprescindible para o traballo diario de Mestura pois, ademáis de permitir a execución das actividades, o voluntariado xuvenil aporta frescura e innovación e favorece unha aprendizaxe interxeracional e intercultural que resulta moi enriquecedora. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.

IOBE

«IOBE» é un programa que procura a mellora da empregabilidade e as posibilidades de ocupación de persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de personal técnico de orientación laboral para a articulación de itinerarios personalizados para o emprego. XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO DE ESPAÑA.

PROXECTO A

«Proxecto A» é unha iniciativa que posibita a implicación dos actores dos centros escolares da comunidade galega en temas vinculados á diversidade cultural, coa finalidade de favorecer a mellora da cohesión social e a convivencia intercultural no eido educativo.

Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).

AS NOSAS CORES

Este proxecto nace pola necesidade de ofrecerlle ás familias migrantes e/ou en situación de vulnerabilidade, un espazo de lecer e educación de calidade para os seus fillos/as, estruturado arredor dunha aula de reforzo educativo intercultural e un espazo de atención integral a familias que lles facilite tamén a conciliación laboral e familiar.

Tablets ONG Mestura Concello Culleredo

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO PARA 10 TABLETS

As 10 tablets subvencionadas polo Concello de Culleredo á ONG Mestura permitiron realizar un servizo complementario nos distintos programas e proxectos da entidade. Con elas, en xeral, buscouse favorecer procesos de alfabetización dixital que faciliten a persoas en situación de vulnerabilidade social a súa integración na sociedade actual.

E ti, axúdasnos?