AULAS DE BABEL 2021 - ONG MESTURA
19734
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-19734,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
Acerca de este proyecto

 

«Aulas de Babel» é un espazo socioeducativo para mozos e mozas de familias migrantes en risco de exclusión social, que están a cursar educación secundaria.

 

O seu obxectivo é mellorar os procesos de aprendizaxe e adquirir bos hábitos de estudo. Ademáis, promóvese a educación en valores, a adquisición de habilidades sociais e de competencias dixitais asociadas a vida diaria. Neste espazo tamén teñen cabida ás familias da mocidade, coas que se establecen reunións de retroalimentación periódicas.

 

Dentro deste proxecto intégrase outra subvención para o investimento da aula, concretamente para o equipamento tecnolóxico e dixital, o cal pretende favorecer o proceso de aprendizaxe dos mozos e mozas participantes, desenvolver as súas capacidades dixitais e mellorar o seu rendemento académico.

 

FOAXE: Convocatoria para programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe concedido: 14500€ (79,94% do importe total do programa).

 

FOIE: Convocatoria para programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social: Importe concedido: 1.548,92 € (80,00% do importe total do programa).

 

Financiado pola Deputación da Coruña

 

E ti, axúdasnos?