Un pouco de nós - ONG MESTURA
19292
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-19292,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

QUE FACEMOS

NÓS E O NOSO TRABALLO

A ONG MESTURA nace no ano 2003 na localidade de Sada (A Coruña) coa misión de prestar un servizo social profesional especializado, dirixido a persoas migrantes en situación de vulnerabilidade social. Actualmente a sede atópase no municipio de Culleredo e o seu ámbito de actuación é a área Metropolitana da Coruña.

 

Como organización apostamos pola integridade e os dereitos de todas as persoas, traballando en tres áreas fundamentais:

-A inclusión sociolaboral
-A sensibilización e mediación intercultural
-O fomento da igualdade de xénero.

 

O noso traballo será eficaz se logramos:

-Favorecer o acceso ao emprego, entendido como ferramenta fundamental para a inclusión e a dignidade humana.

-Ofrecer unha atención integral a nivel familiar, traballando as áreas de maior vulnerabilidade: infancia, muller e mocidade. Só atendendo á unidade familar no seu conxunto podemos xerar cambios efectivos.

-Contribuír de maneira significativa na xustiza social a través de accións de sensibilización.

SABES A QUE NOS DEDICAMOS?

INCLUSION SOCIOLABORAL

 

Partindo da idea de que a inserción laboral é a principal ferramenta para favorecer a inclusión de colectivos en situación e/ou risco de exclusión, MESTURA ofrece acompañamento a persoas usuarias para facilitar a procura de emprego e mellorar a seu perfil profesional. A través do desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral buscamos impulsar unha intervención integral que proporcione mecanismos para que as persoas participantes adquiran e fortalezan competencias persoais, sociais e formativas que lles permitan incrementar as posibilidades de inserción e favorecer a mellora das condicións laborais, dende a perspectiva de xénero.

 

SENSIBILIZACION E MEDIACION INTERCULTURAL

 

MESTURA especializouse dende os seus comezos en brindar un servizo de mediación intercultural para permitir a comunicación efectiva e o acceso a recursos e servizos sociais a aquelas persoas que presentan algún tipo de barreira lingüística, persoal e/ou social. Ademais de prestar servizos de atención individualizada, desenvolvemos un traballo de incidencia social a través da realización de accións de sensibilización e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global; conscientes do noso papel coma axente social activo e da necesidade de previr situacións, condutas e actitudes que aseguren a igualdade e a defensa dos dereitos fundamentais de persoas que se atopan nun situación de especial vulnerabilidade.

 

FOMENTO DA IGUALDADE DE XENERO

 

Para garantir que a nosa labor sexa igualitaria e efectiva, un dos eixos fundamentais do noso traballo é o fomento la igualdade de xénero. O dereito á igualdade de trato e das oportunidades entre homes e mulleres está presente en todos e cada un dos proxectos que MESTURA leva a cabo. Neste senso, dáse prioridade á participación de mulleres nos programas que a entidade leva a cabo, poñendo a disposición de quenes teñan menores a cargo, un servizo que facilite a conciliación da vida familiar coa participación en accións de acompañamento social que permitan mellorar a súa inclusión sociolaboral. Ao mesmo tempo, as liñas de intervención enfócanse no tratamento transversal da igualdade de xénero a través da realización de atencións que procuren o apoderamento da muller; que prevexan a aparición de situacións e actitudes de violencia de xénero, así coma a eliminación dos estereotipos sexistas, en particular en nenos, nenas e xoves; e que promocionen relacións de responsabilidade compartida.

INCLUSION SOCIOLABORAL0%
SENSIBILIZACION E MEDIACION INTERCULTURAL0%
IGUALDADE DE XENERO0%
E ti, axúdasnos?