Home - ONG MESTURA
19228
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-19228,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive,cookies-not-set

ONG MESTURA

Pola integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornadas
INCLUSION SOCIO LABORAL E MELLORA DO EMPREGO

INCLUSION SOCIO LABORAL E MELLORA DO EMPREGO

Partindo da idea de que a inserción laboral é a principal ferramenta para favorecer a inclusión de colectivos en situación e/ou risco de exclusión, MESTURA ofrece acompañamento a persoas usuarias para facilitar a procura de emprego e mellorar a seu perfil profesional. A través do desenvolvemento de itinerarios de inclusión sociolaboral buscamos impulsar unha intervención integral que proporcione mecanismos para que as persoas participantes adquiran e fortalezan competencias persoais, sociais e formativas que lles permitan incrementar as posibilidades de inserción e favorecer a mellora das condicións laborais, dende a perspectiva de xénero.

FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO

Para garantir que a nosa labor sexa igualitaria e efectiva, un dos eixos fundamentais do noso traballo é o fomento la igualdade de xénero. O dereito á igualdade de trato e das oportunidades entre homes e mulleres está presente en todos e cada un dos proxectos que MESTURA leva a cabo. Neste senso, dáse prioridade á participación de mulleres nos programas que a entidade leva a cabo, poñendo a disposición de quenes teñan menores a cargo, un servizo que facilite a conciliación da vida familiar coa participación en accións de acompañamento social que permitan mellorar a súa inclusión sociolaboral. Ao mesmo tempo, as liñas de intervención enfócanse no tratamento transversal da igualdade de xénero a través da realización de atencións que procuren o apoderamento da muller; que prevexan a aparición de situacións e actitudes de violencia de xénero, así coma a eliminación dos estereotipos sexistas, en particular en nenos, nenas e xoves; e que promocionen relacións de responsabilidade compartida.

 

SENSIBILIZACION

SENSIBILIZACION

Co fin de contribuír a unha convivencia intercultural enriquecedora, a ONG MESTURA especializouse desde os seus inicios en desenvolver campañas de sensibilización tanto educativa como comunitaria, traballando coordinadamente con outros organismos e entidades da nosa contorna, especialmente entre a poboación infantil e xuvenil.

MEDIACION INTERCULTURAL

MEDIACION INTERCULTURAL

MESTURA especializouse dende os seus comezos en brindar un servizo de mediación intercultural para permitir a comunicación efectiva e o acceso a recursos e servizos sociais a aquelas persoas que presentan algún tipo de barreira lingüística, persoal e/ou social.

QUE FACEMOS

A ONG MESTURA nace no ano 2003 na localidade coruñesa de Sada coa misión de prestar un servizo social, profesional e especializado, dirixido a persoas migrantes e/ou en situación de vulnerabilidade social. Actualmente a sede sitúase no Concello de Culleredo e o seu ámbito de actuación é a área Metropolitana da Coruña.

Como organización apostamos por la integridad y los derechos de todas las personas, trabajando en 3 áreas fundamentales: la inclusión sociolaboral, la sensibilización y mediación intercultural y el fomento de la igualdad de género.

PROXECTOS ACTIVOS

EQUIPO

O equipo técnico da ONG MESTURA está conformado por un grupo multidisciplinar composto por persoas motivadas  e comprometidas, que traballamos coordinadamente nos diversos ámbitos de actuación da entidade.

    Sorry, no posts matched your criteria.
E ti, axúdasnos?