O programa «MesturAnda» fomenta a acción voluntaria en actividades orientadas á promoción de igualdade de xénero e á inclusión social que desenvolven a entidade na área metropolitana de A Coruña.
O obxectivo acadase a través da sensibilización, difusión e visibilización nas redes sociais, plataformas dixitais e cartelería das actividades realizadas, dos días conmemorativos que promoven os valores de igualdade de xénero e inclusión. Tamén mediante comunicacións ou publicacións sobre a necesidade de persoas voluntarias para apoiar as actividades da entidade.
Ademais se desenvolveron algúns encontros abertos para o traballo de valores de igualdade entre homes e mulleres e tolerancia á diversidade cultural.
Financiado por: