O proxecto «A túa voz», na súa segunda edición, continuou coa xestión dunha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadores lingüísticos prestando servizos de interpretación e tradución. entre migrantes que non dominan os idiomas locais e a súa contorna, co obxectivo último de facilitar o seu proceso de inclusión social.
O programa favorece tamén, polo tanto, a participación de persoas voluntarias en accións solidarias relacionadas coa migración.
Financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).