«MesturOla» é un servizo de orientación laboral financiado polos Programas de Cooperación no que a persoa contratada para o mesmo impartiu talleres de procura activa de emprego, formación laboral e prelaboral ademáis de orientación laboral individual, atendendo ás características particulares das persoas usuarias e buscando sempre a máxima inserción laboral como ferramenta fundamental da inserción social.
No 2015 tamén se contou con outro servizo complementario ao anterior que é «Conectad@s», o cal busca romper a fenda dixital existente entre colectivos en especial vulnerabilidade potenciando o uso das novas tecnoloxías na procura de emprego.
As actividades desenvolvidas neste servizo son: a formación presencial sobre o uso de ferramentas dixitais, o desenvolvemento de portais e páxinas con información sobre ofertas laborais e formativas e sobre recursos para a procura activa de emprego, así coma consellos útiles para a procura de emprego, entre os cales se contemplan a actualización dun directorio de entidades especializadas en orientación laboral a colectivos desfavorecidos, e a toma de conciencia das diferenzas culturais entre a procura efectiva de emprego no seu país de orixe e en España.
Ambos servizos subvencionados polos Progamas de Cooperación para entidades sen ánimo de lucro xestionados por: