SAIMI 2023 - ONG MESTURA
20857
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20857,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

SAIMI 2023

Acerca de este proyecto

A cuarta edición do programa “SAIMI: Saúde Integral para Mulleres Inmigrantes” procura continuar proporcionando acompañamento ás necesidades de atención psicoemocional da poboación feminina migrante, agravadas pola pandemia, a través do desenvolvemento de intervencións psicosociais encamiñadas á mellora do seu benestar psicoemocional.

 

As accións combinaron o desenvolvemento de:

  • Atencións de acompañamento psicoemocional personalizadas coa finalidade de apoiar ás mulleres participantes a identificar, comprender, manexar e expresar as súas emocións a fin de superar os problemas emocionais que traen consigo, previlos e aumentar o seu benestar socioemocional.

 

  • Establecemento de grupos de apoio entre iguais para resolver dificultades emocionais das mulleres que compoñen o grupo influenciadas por factores comúns e para que obteñan unha experiencia enriquecedora de crecemento e desenvolvemento persoal e social que favoreza a súa inclusión.

 

  • Accións transversais encamiñadas a dotar ás mulleres participantes de pautas, ferramentas e estratexias que favorezan o apoderamento das mesmas e posibiliten a adquisición de procesos de autonomía na toma de decisións que afecten ao seu benestar físico, emocional e social.

 

  • Elaboración e difusión de material divulgativo que permita a sensibilización sobre a importancia da promoción da saúde integral nas mulleres migrantes da comunidade galega.

 

Financiado por

E ti, axúdasnos?