O programa “PÏX – EMPRÉGATE: Itinerarios de Inclusión Xuvenil” proporciona á mocidade migrante, de entre 17 e 35 anos que se atopa desempregada ou conta con empregos precarios, a participación nunha intervención integrada por unha serie de accións para desenvolver e fortalecer habilidades e competencias que lles permitan situarse en mellores condicións para o acceso e mantemento no mercado de traballo.
Trátase dun percorrido formativo personalizado composto por un conxunto de actuacións que combinan procesos de deseño, seguimento e avaliación co desenvolvemento de accións de acompañamento social, de adquisición e fortalecemento das capacidades persoais e sociais, así coma accións promotoras de acceso e permanencia no mercado laboral.
A iniciativa, por tanto, facilita espazos onde a mocidade pode reforzar estratexias para a mellora de competencias persoais e sociais, elaborar currículos e cartas de presentación, levar a cabo a procura activa de emprego, simular entrevistas de traballo, fomentar o coñecemento de accións de emprendemento ou participar en accións formativas en TICs e noutros sectores de alta concentración.
Financiado por