AULAS DE BABEL 2023 - ONG MESTURA
20816
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20816,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

AULAS DE BABEL 2023

Acerca de este proyecto

«Aulas de Babel» é un espazo socioeducativo con diversidade de actividades para rapazas e rapaces de 6 a 17 anos de familias migrantes vulnerables ou en risco de exclusión social.

 

O seu obxectivo é mellorar os procesos de aprendizaxe e adquisición de bos hábitos de estudo dos menores, así coma ofrecer orientación psicopedagóxica que mellore o seu benestar emocional.

 

Ademais, promove a educación en valores, habilidades sociais e un estilo de vida saudable entre a mocidade.

 

Trátase dunha iniciativa na que tamén teñen cabida as familias das e dos participantes, a través da escola de nais e pais, coas que se establecen reunións periódicas de seguimento.

 

Este proxecto inclúe unha subvención para o equipamento das aulas, concretamente, dispositivos electrónicos para favorecer as capacidades dixitais e o rendemento académico.

 

Financiado por:

 

FOAXE 2023: Convocatoria para programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 21.199,58€ (79,37% do total do proxecto: 26.709,81€).

 

FOIE 2023: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais. Importe subvencionado: 2.943,27€ (79,24% do total do proxecto: 3.714,37€).

E ti, axúdasnos?