
SENSIBILIZACION
Co fin de contribuír a unha convivencia intercultural enriquecedora, a ONG MESTURA especializouse desde os seus inicios en desenvolver campañas de sensibilización tanto educativa como comunitaria, traballando coordinadamente con outros organismos e entidades da nosa contorna, especialmente entre a poboación infantil e xuvenil.