Financiados pola UE - ONG MESTURA
19315
page-template-default,page,page-id-19315,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

PROXECTOS FINANCIADOS POLA UNION EUROPEA

OPERACIÓN COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA

No marco do programa Fondo Social Europeo Plus Galicia 2021-2027

Programa “Paso a Paso”

O programa “Paso a Paso” estrutúrase tendo en conta as diferentes necesidades e prioridades detectadas entre a poboación migrante desempregada e o mercado laboral, articulando un servizo sociolaboral especializado en coordinación e apoio ao labor prestado por parte dos Servizos Sociais municipais e o Servizo Público de Emprego de Galicia, facilitando a inserción sociolaboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.

Programa “Neneiras”

O programa «Neneiras» ten como obxectivo mellorar a integración sociolaboral daquelas mulleres con cargas familiares que estean en situación de especial vulnerabilidade. Entre os obxectivos e necesidades sociais do proxecto pódense destacar: mellorar as competencias persoais e sociais que faciliten a súa inserción laboral, mellorar a súa situación psicoemocional e a súa autoestima, ademais de fomentar a repartición igualitaria da responsabilidade no fogar, como ferramenta para potenciar o emprego.

Galeuropa Mestura Braga

PROGRAMA “GALEUROPA”

O Programa Galeuropa ten como finalidade reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais de mozos e mozas menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo así á mellora da súa formación e á adquisición profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.

E ti, axúdasnos?