O programa Neneiras na súa edición 2021/2022 busca continuar impulsando o desenvolvemento de accións de carácter social e formativo que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en risco de exclusión social que habitan nos concellos do rural galego.
Subvencionado pola SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA
«PISCO: Programa de Igualdade Social dos Consumidores» consiste na creación dun servizo de orientación xurídica en materia de consumo para persoas en situación de vulnerabilidade social residentes no concello de Cambre.
Subvencionado polo CONCELLO DE CAMBRE.
Dito programa foi posible grazas a finanaciación do Concello de Cambre a través da subvención en réxime de concorrencia competitiva en materia de servizos sociais para o exercicio 2021
«Mesturas» é un programa destinado a promover a participación social das persoas que habitan no concello de Frades na vida municipal a través do desenvolvemento de accións que permitan o intercambio de experiencias.
Financiado polo CONCELLO DE FRADES.
A Ong Mestura colabora co Concello de Cambre no «Servizo Psicoterapia», a disposición daqueles veciños e veciñas residentes no concello que se atopen en situación de risco de exclusión social, para facer un acompañamento psicoemocional e favorecer á súa inclusión social.
A Ong Mestura colabora co Concello de Cambre no «Servizo de Información e Tramitación do Ingreso Mínimo Vital», a disposición daqueles veciños e veciñas residentes no concello que se atopen en situación de risco de exclusión social, para facilitar información sobre as característcas e requisitos desta axuda e orientar e acompañar ao proceso de solicitude da mesma.
«Frades Intercultural» é un proxecto que busca promover entre os veciños e veciñas do concello de Frades a participación comunitaria, o fortalecemento de redes de apoio e o desenvolvemento de habilidades e competencias básicas necesarias para actividades da vida diaria, dende unha perspectiva intercultural.
Financiado polo CONCELLO DE FRADES.
«Merendocio» é un programa que promove hábitos saudables en canto a alimentación e ocio nos/as menores que participan no espazo socioeducativo da entidade.
Está financiado pola Fundación Banco Santander.
«Equipo A» é un programa de sensibilización educativa para a mediación preventiva en materia de interculturalidad que contribúe á promoción de actitudes, condutas e cambios sociais que favorecen relacións positivas entre as distintas culturas no contexto educativo. Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).
O proxecto «PAI: Programa de Axudas de Inclusión» busca favorecer a inclusión social de persoas migrantes en risco ou situación de exclusión que habitan na Área Metropolitana de A Coruña a través de información, orientación e apoio na tramitación de recursos sociais. Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).
O programa «Mestúrate Senior» busca impulsar a acción voluntaria destinada a ofrecer unha atención integral para a mellora do benestar social das persoas migrantes e/ou en risco de exclusión da área metropolitana de A Coruña, a través da participación de persoas maiores de 55 anos en accións solidarias da entidade. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.
«MesturAnda» é un proxecto que promove a acción voluntaria en actividades de sensibilización sobre interculturalidade ou outras temáticas sociais desenvolvidas na entidade, para o fomento de valores de igualdade e tolerancia dentro do contexto comunitario e educativo. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.
«IOBE» é un programa que procura a mellora da empregabilidade e as posibilidades de ocupación de persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de personal técnico de orientación laboral para a articulación de itinerarios personalizados para o emprego. XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO DE ESPAÑA.
Os Programas de Cooperación promoven a contratación de persoal con dous obxectivos: mellorar a empregabilidade das persoas contratadas a través da adquisición de experiencia profesional, e garantir a continuidade dos servizos da entidade, cada vez máis demandados, para cubrir as necesidades da poboación obxectivo.
Este programa está subvencionado pola XUNTA DE GALICIA e o GOBERNO DE ESPAÑA.
O proxecto «A túa voz» baséase na creación dunha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadores lingüísticos entre migrantes que non dominan os idiomas locais e a súa contorna, co obxectivo último de facilitar o seu proceso de inclusión social.
O programa favorece tamén, polo tanto, a participación de persoas voluntarias en accións solidarias relacionadas coa migración.
Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).
O programa «SAIMI: Saúde Integral a Mulleres Inmigrantes» ten como obxectivo fomentar o benestar psicoemocional de mulleres inmigrantes residentes en distintas provincias galegas, favorecer o seu coñecemento e accesibilidade a recursos e programas sociosanitarios e previr condutas de risco que poden comprometer a súa saúde integral, dende un enfoque de xénero.
As accións contempladas neste proxecto son atencións psicoemocionais en contexto terapéutico, charlas sobre recursos sociosanitarios e accións de sensibilización sobre aspectos de saúde da muller.
Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).
«Proxecto A» é unha iniciativa que posibita a implicación dos actores dos centros escolares da comunidade galega en temas vinculados á diversidade cultural, coa finalidade de favorecer a mellora da cohesión social e a convivencia intercultural no eido educativo.
Este programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da XUNTA DE GALICIA (con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas; IRPF).
«Aulas de Babel» é un espazo socioeducativo para mozos e mozas de familias migrantes en risco de exclusión social, que están a cursar educación secundaria. O seu obxectivo é mellorar os procesos de aprendizaxe e adquirir un hábito de estudo. Ademais, se promove a educación en valores, a adquisición de habilidades sociais e de competencias dixitais asociadas a vida diaria. Este proxecto esta financiado pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
As 10 tablets subvencionadas polo Concello de Culleredo á ONG Mestura permitiron realizar un servizo complementario nos distintos programas e proxectos da entidade. Con elas, en xeral, buscouse favorecer procesos de alfabetización dixital que faciliten a persoas en situación de vulnerabilidade social a súa integración na sociedade actual.
Este proyecto nace por la necesidad de ofrecer a familias migrantes y/o en situación de vulnerabilidad, un espacio lúdico-educativo de calidad para sus hijos/as, estructurado en torno a un aula de refuerzo educativo intercultural y un espacio de atención integral a familias que les facilite también la conciliación laboral y familiar.
«Mestúrate» é un programa de acción voluntaria xuvenil que promove a participación de xoves apoiando as actividades da entidade. A súa participación é imprescindible para o traballo diario de Mestura pois, ademáis de permitir a execución das actividades, o voluntariado xuvenil aporta frescura e innovación e favorece unha aprendizaxe interxeracional e intercultural que resulta moi enriquecedora. Financiado pola XUNTA DE GALICIA.
O proxecto de «Xoves Interculturais» busca crear espazos de encontro, socialización e intercambio de experiencias entre a poboación xuvenil local e migrante co obxectivo último de empoderar ao movemento xuvenil como parte activa da sociedade e motor de cambio. Ao longo das distintas edicións de «Xoves Interculturais» procurouse por tanto a inclusión da mocidade participante, a nivel laboral e social. Este programa está financiado pola XUNTA DE GALICIA.