O Proxecto «Xoves Interculturais» constitúe unha iniciativa de dinamización xuvenil encamiñada ao establecemento de espazos de promoción da participación social de mozos e mozas migrantes residentes na Área Metropolitana de A Coruña.
A proposta baséase nun conxunto de accións dirixidas a dotar á xuventude participante de procesos de información, orientación e adquisición de habilidades a fin de mellorar o seu desenvolvemento persoal e social e posibilitar a súa autonomía na sociedade de acollida.
Nesta edición, o proxecto centrouse na información que se proporciona dende o Punto de Información Xuvenil (PIX), a través do cal conflúen unha serie de actividades que buscan potenciar o valor da cultura galega entre as persoas participantes. Así, trátase de fomentar o coñecemento cultural e social respecto da comunidade galega, permitindo a súa participación tanto nas accións de aprendizaxe coma nas accións culturais propias do programa e da súa contorna.
Ao mesmo tempo, procúrase promocionar o uso pedagóxico que as tecnoloxías ofrecen para apoiar o proceso de aprendizaxe da xuventude participante e reforzar a súa motivación para a súa participación en accións solidarias a fin de promover o exercicio dunha cidadanía activa, comprometida e responsable coas problemáticas e necesidades de diversos colectivos.
Liñas de acción:
Programa Iniciativa Xove 2022, financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.