«Frades Intercultural» é un proxecto que busca promover entre os veciños e veciñas do concello de Frades a participación comunitaria, o fortalecemento de redes de apoio e o desenvolvemento de habilidades e competencias básicas necesarias para actividades da vida diaria, dende unha perspectiva intercultural.
Para acadar estes obxectivos desenvolvéronse diferentes actividades grupais, como bailoterapia, cociña do mundo e alfabetización dixital.
Financiado polo Concello de Frades.