Os camiños e os seus albergues - ONG MESTURA
19643
post-template-default,single,single-post,postid-19643,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Os camiños e os seus albergues

Os camiños e os seus albergues

OS CAMIÑOS E OS SEUS ALBERGUES

 

Xa queda menos para concluír o noso proxecto Mestura non Camiño.
Nesta última fase estamos a editar unha curtametraxe coas vivencias que experimentamos nas 4 etapas que fixemos do Camiño Inglés.
Unha vivencias que, aínda que tentaremos que che cheguen coa máxima realidade posible, só pódense sentir se as descobres por ti mesmo.

É por iso que che animamos a descubrir algún dos distintos camiños que existen e poidas comprobar e sentir todo o que nós sentimos e vivimos.

Aínda que se chama Camiño de Santiago, debes saber que existen moitos roteiros que levan ata a cidade de Santiago de Compostela, cada unha cun atractivo diferente, dificultade e distancias distintas. Por iso é necesario que saibas cantos camiños de Santiago hai, cales son, e cal se adapta mellor ás túas condicións físicas.
Os camiños máis populares son o Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño Portugés, Camiño Primitivo e Camiño do Norte.
Dentro destes camiños existe distintas variantes que cos anos van xurdindo.
O que realizamos en Mestura non Camiño é o Camiño Inglés.

O camiño inglés, como o seu propio nome indica, débese a que os primeiros en percorrelo era peregrinos ingleses e irlandeses que chegaban en barco ao porto da Coruña e desde alí emprendían a viaxe ata Santiago.

Ten dúas vertentes, a que sae desde Ferrol e a outra propiamente desde A Coruña. É curta, apenas conta con 155 quilómetros. Ten seis etapas e en cada unha camíñanse entre 15 e 35 quilómetros.

Igual que os outros camiños, está cheo de zonas turísticas e históricas que nutren aínda máis o roteiro. Se fas este camiño, poderás coñecer Betanzos, Colexiata de Santa María do Sar e a Torre de Hércules entre outras, pasando polo noso Concello, Culleredo.

Se tes pensado facer un dos traxectos, infórmache ben das súas etapas, lugares e albergues.
Nesta ligazón deixámosche unha guía de albergues que seguro che será de axuda.

Carlos
carlos@milksnet.com