
06 Jul, 2021 Dando Pasiños
Pasiños é un servizo que posibilita a mulleres e homes migrantes en situación de risco de exclusión social con cargas familiares, harmonizar a vida laboral, persoal e familiar coas actuacións previstas no Programa Paso a Paso
Pasiños, ofrece un Servizo de Conciliación que configúrase coma espazo integrado por actividades vinculadas ao coidado e á atención a primeira infancia, así como a realización de taller lúdico educativos e apoio escolar dirixidos a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 12 anos.
Neste verán, as accións a realizar buscan fomentar o ensino de valores que favorezan unha visión libre de prexuízos e igualitaria entre xéneros.
Este servicio está avalado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea – Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.