XOVES INTERCULTURAIS 2023 - ONG MESTURA
20796
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20796,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

XOVES INTERCULTURAIS 2023

Acerca de este proyecto

O proxecto «Xoves Interculturais» constitúe unha iniciativa de dinamización xuvenil encamiñada ao establecemento de espazos de promoción da participación social de migrantes de entre 12 e 35 anos residentes na Área Metropolitana de A Coruña.

 

A proposta baséase nun conxunto de accións dirixidas a dotar á xuventude participante de procesos de información, orientación e adquisición de habilidades a fin de mellorar o seu desenvolvemento persoal e social e posibilitar a súa autonomía na sociedade de acollida.

 

Nesta edición, o proxecto centrouse na información que se proporciona dende o Punto de Información Xuvenil (PIX), a través do cal conflúen unha serie de actividades que buscan potenciar o valor da cultura galega entre as persoas participantes. Así, trátase de fomentar o coñecemento cultural e social respecto da comunidade galega, permitindo a súa participación tanto nas accións de aprendizaxe coma nas accións culturais propias do programa e da súa contorna.

 

Ao mesmo tempo, procúrase promocionar o uso pedagóxico que as tecnoloxías ofrecen para apoiar o proceso de aprendizaxe da xuventude participante e reforzar a súa motivación para a súa participación en accións solidarias a fin de promover o exercicio dunha cidadanía activa, comprometida e responsable coas problemáticas e necesidades de diversos colectivos.

 

As actividades desenvolvidas foron:

  • Proporcionar información a través do Punto de Información Xuvenil (PIX)
  • Promoción de hábitos saudables a través de charlas grupais e fomentando ocio saúdable (deporte na rúa e saídas culturais).
  • Aprendizaxe das linguais de acollida.
  • Fortalecemento de competencias dixitais (formación en python).

Programa Iniciativa Xove 2023, financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

E ti, axúdasnos?