A TÚA VOZ 2023 - ONG MESTURA
20782
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20782,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

A TÚA VOZ 2023

Acerca de este proyecto

O proxecto “A túa voz” baséase na creación dunha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadores lingüísticos entre persoas migrantes que non falan a lingua local e a súa contorna, co fin último de facilitar o seu proceso de inclusión social. Por iso, o programa tamén favorece a participación do voluntariado en accións solidarias relacionadas coa migración.

 

Nesta edición, ademais, as persoas voluntarias levan a cabo actividades informativas sobre trámites, procedementos e outros aspectos de interese para a boa acollida e adaptación das persoas recén chegadas.

 

Este ano contamos na rede de dinamizadores lingüísticos con persoas que dominan alemán, árabe, chinés, francés, inglés, portugués, ruso e ucraíno, así como unha mediadora de comunicación que nos apoia na comunicación con persoas xordas a través de lingua de signos.

 

Parte do proxecto finánciase con cargo á dotación fiscal do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

 

E ti, axúdasnos?