O programa de cooperación “Acouga” permitiu dar resposta ao aumento da demanda de atención que nos últimos tempos experimenta ONG Mestura, polo que se reforzou a Área de Traballo Social coa contratación de dúas persoas para desenvolver accións de promoción de benestar social de persoas usuarias.
A acción desenvolveuse, especialmente, no relativo aos procesos de seguimento das mesmas a fin de valorar a súa situación socioeconómica e familiar así coma coñecer o estado de avance dos obxectivos marcados naquelas persoas que subscriben itinerarios de inclusión sociolaboral ou previr calquera carencia ou dificultade que poida presentar unha persoa ou grupo social.
Para iso, foi necesaria a figura dunha traballadora social para apoiar os procesos de incorporación sociolaboral, así coma a figura dunha auxiliar administrativa para asegurar e garantir os procesos de planificación, programación e organización na entidade.
Financiado por