O proxecto «A túa voz» baséase na creación dunha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadoras lingüísticas entre migrantes que non dominan os idiomas locais e o seu entorno, co obxetivo último de facilitar o seu proceso de inclusión social. O programa favorece tamén, polo tanto, a participación de persoas voluntarias en accións solidarias relacionadas coa migración.
Nesta edición, contamos na rede de facilitadores lingüísticos con persoas que dominan o alemán, o árabe, o chinés, o francés, o inglés, o portugués e o ruso, ademáis dunha mediadora comunicativa que nos apoia na comunicación con personas xordas a través da lingua de signos.
Parte do proxecto está financiado con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Financiado por: