AULAS DE BABEL 2022 - ONG MESTURA
20715
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20715,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

AULAS DE BABEL 2022

Acerca de este proyecto

«Aulas de Babel» é un espazo socioeducativo para menores de familias migrantes en risco de exclusión social, que cursan a educación obrigatoria. O seu obxectivo é mellorar os procesos de aprendizaxe e adquirir bos hábitos de estudo, así como ofrecer unha orientación psicopedagóxica que mellore o benestar emocional dos/as menores participantes.

Ademais, promóvese tanto a educación en valores, coma a adquisición de habilidades sociais e dixitais asociadas á vida diaria. Neste espazo tamén teñen cabida as familias da mocidade, coas que se establecen reunións periódicas de retroalimentación.

Neste proxecto intégrase outra subvención, convocatoria FOIE, para o investimento das aulas. Esta subvención permitiu a adquisición de dous ordenadores e fundas para tablets, catro mesas, unha pizarra, un armario para almacenaxe e un frigorífico pequeno para a conservación das merendas dos/as menores participantes, baseadas en produtos frescos.

Financiado por:

FOAXE/2022: Convocatoria para programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 16.763,41€ (79,04% do total do proxecto).

FOIE/2022: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais. Importe subvencionado: 2.744,11 € (79,86% do total do proxecto).

E ti, axúdasnos?