PAI 2022 - ONG MESTURA
20694
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-20694,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

PAI 2022

Acerca de este proyecto

O “PAI: Programa de Axudas á Inclusión”, na súa segunda edición, busca seguir favorecendo a inclusión social das persoas migrantes en situación de exclusión que viven na área metropolitana da Coruña e na Mancomunidade de Ordes a través de procesos de información, orientación e apoio na tramitación dos recursos sociais.

Ademais, este programa ten por obxecto apoiar a aquelas persoas que se atopan nunha situación de emerxencia por non poder cubrir unha necesidade básica, con axudas económicas extraordinarias, puntuais, transitorias e individualizadas, que teñen como finalidade paliar parcialmente dita situación de emerxencia con risco de exclusión social severa.

Así mesmo, as axudas compleméntanse coa realización de obradoiros de administración e xestión da economía doméstica, tentando concienciar sobre a importancia do consumo responsable e a financiación razoable, así como achegar as claves para a análise de novas oportunidades de consumo.

Este programa está financiado con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Financiado por:

E ti, axúdasnos?