ONG MESTURA | GALEUROPA 2018
18423
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-18423,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,no_animation_on_touch,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
GALEUROPA 2018

Categoria
Fotos
Acerca de este proyecto

O Programa Galeuropa ten como finalidade reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais de mozos e mozas menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo así á mellora da súa formación e á adquisición profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.

 

Este ano 2018, a Ong Mestura é unha das entidades beneficiarias do Programa Galeuropa cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo. A través deste programa, 6 xoves poderán realizar prácticas en Lisboa (Portugal) durante 3 meses, en diferentes sectores laborais de acordo ao seu perfil profesional. As persoas interesadas en optar á mobilidade deberán estar inscritas en Garantía Xuvenil, cumprir o requisito de ter como mínimo 18 anos e presentar a súa solicitude por medio do seguinte cuestionario, ademais deben enviar o Currículo Vitae (formato EUROPASS) e unha Carta de Motivación ao correo electrónico euromestura@ongmestura.es.