As 10 tablets subvencionadas polo Concello de Culleredo á ONG Mestura permitiron realizar un servizo complementario nos distintos programas e proxectos da entidade. Con elas, en xeral, buscouse favorecer procesos de alfabetización dixital que faciliten a persoas en situación de vulnerabilidade social a súa integración na sociedade actual.
No caso dos talleres de alfabetización dixital do programa “Neneiras” para mulleres en situación de vulnerabilidade social e do eido rural, o uso das tablets estivo orientado á adquisición de competencias cidadás dixitais.
Para as clases de español, dirixidas a adultos migrantes, utilizáronse estes medios TIC como oportunidade para adaptar os contidos de cada clase aos intereses e particularidades de cada participante e para facilitar e estimular a aprendizaxe dun idioma.
Na “Aula intercultural”, pensada para o apoio educativo de nenos e nenas con necesidades de acompañamento educativo, empregáronse as tablets para o desenvolvemento de competencias, habilidades e destrezas básicas; e para a exploración, investigación, creación, ampliar coñecementos e como ferramenta de integración
Dentro do proxecto “Xoves interculturais”, traballouse de maneira complementaria o uso crítico e responsable das tecnoloxías a través dos distintos obradoiros que se levaron a cabo no proxecto. Tratáronse temas como as recomendacións e coidados á hora de conversar con outras persoas, compartir imaxes, avaliar sitios, protexer datos e equipos, realizar un uso recreativo das redes sociais e enfrontar o acoso virtual.
E para o servizo de Busca Activa de Emprego (BAE), o espazo de atención a persoas en situación de desemprego, realizáronse coas tablets itinerarios de inserción individualizados e grupais, a elaboración de Currículum Vitae e carta de presentación, rexistro e procura en portais de emprego virtuais, preparación de entrevistas de traballo e todos os aspectos necesarios que incidan na mellora da empregabilidade.
Desta maneira os usuarios e usuarios beneficiadas pola subvención das tablets foron:
A proposta foi recibida con gran implicación por parte das persoas participantes en todos estes proxectos e programas, as cales contribuíron á creación dun ambiente propicio para a aprendizaxe.