26 Mai, 2017 Repostería Creativa cas mulleres do rural
¡Xa estamos coas mans na masa! Atopámonos no Centro Social da parroquia de Galegos, no Concello de Frades cas mulleres do rural. O martes 23 de maio elaboramos cupcakes de doce de leite e oreo que abriron o apetito de todas.
Onte 25 de maio, continuamos, desta vez con cakepops e galletas de avea como protagonistas da tarde. Agradecemos toda a colaboración que desde o Concello de Frades nos brindan.
Esta formación pertence ao Programa Neneiras edición 2016 – 2017, operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo Fondo Social Europeo. Galicia 2014 – 2020.