
15 Out, 2020 Programa Aulas de Babel
A ONG Mestura puido levar a cabo durante todo o 2020 o programa Aulas de Babel 👩🏫📚🧒🏽👧🏻, financiado pola Deputación da Coruña (FOAXE – P Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2020).
Trátase dun programa que ofrece un espazo socio-educativo a menores no se que se reforzan as tarefas educativas 📒, adquírense hábitos e rutinas de estudo 🕒✏️, promóvese a educación en valores 🧠❤️ e se pon a disposición dos/as menores dispositivos e ferramentas dixitais 🖥️🖱️💿
Esta actividade continou incluso durante o estado de alarma ⚠️, grazas a subvención FOIE da Deputación da Coruña (convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para investimento de servizos sociais no ano 2020) que permitiou continuar aos menores dende as súas casas grazas ao préstamo de equipos e dispositivos dixitais. 👩🏽💻🏠👩🏫