
14 Nov, 2017 Os camelos da obra “Nov@s Veciñ@s” chegaron hoxe ao CEIP Ría do Burgo
O itinerario teatral de actuacións que manteñen estas semanas os camelos de ONG Mestura detívose hoxe no CEIP Ría do Burgo de Culleredo. Os nenos e nenas coñeceron a historia de Ata e os seus pais que, atacados por unhas serpes no seu oasis en Siria, vense obrigados a fuxir e a buscar refuxio nunha vila galega. A representación foi seguida dunha sesión de musicoterapia e o alumnado aprendeu a saudar en sirio. 🐫🐫🐫🌴🐍
Fotos: Rebeca Morandeira.