24 Xan, 2018 O programa Paso a Paso 2017/2018 incorpora novos servizos
O programa “Paso a Paso” estruturouse tendo en conta as diferentes necesidades e prioridades detectadas entre a poboación migrante desempregada e o mercado laboral, articulando un servizo socio laboral especializado en coordinación e apoio ao labor prestado por parte dos Servizos Sociais municipais e o Servizo Público de Emprego de Galicia, facilitando a inserción socio laboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.
Ademais na edición 2017/2018 incluíronse un Servizo de Conciliación, un Servizo de Itinerarios de Inserción, un Servizo de Asesoramento Xurídico e un Servizo de Mediación.
Grazas ao Servizo de Conciliación beneficiaranse polo menos 40 familias e máis de 50 nenos e nenas que serán sensibilizados nos talleres e dinámicas de apoio e reforzo educativo.
Polo Servizo de Itinerarios de Inserción estímase que 30 persoas levaran a cabo un itinerario.
No caso do Servizo de Asesoramento Xurídico prevese que polo menos 30 persoas fagan uso del, e, calcúlase que case o 30% dos/as participantes que son atendidos precisen un acompañamento nos tramites.
O Servizo de Mediación estima traballar con ao redor de 50 persoas de forma directa e polo menos 10 profesionais serán sensibilizados/as.
O programa “Paso a Paso” está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 “Invierte en tu futuro”. Obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para levar a cabo un servizo de inserción socio laboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.