06 Set, 2017 O curso de Macramé en Frades comezou esta semana
Esta semana ONG Mestura iniciou o curso de Macramé en Frades onde xa están a participar 11 mulleres. O curso encádrase dentro do Programa Neneiras edición 2016 – 2017, está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e pola Unión Europea e pertence ao Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014 – 2020. Queremos tamén agradecer a colaboración do Concello de Frades.