08 Set, 2017 O curso de Alfabetización Dixital de ONG Mestura
O curso de ONG Mestura de Alfabetización Dixital organizado na parroquia de Celas (Culleredo) empezou o luns 4 e acabará o día 21. Aquí tendes algunhas fotos de como estas 20 mulleres aprenden a manexar as novas tecnoloxías para estar ao día.
Este curso pertence ao Programa Neneiras edición 2016 – 2017 e está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e pola Unión Europea dentro do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014 – 2020.