13 Set, 2017 Fin do curso de Macramé en Frades
Onte rematou o curso de Macramé organizado no Concello de Frades por ONG Mestura. As 11 mulleres que participaron aprenderon a realizar nós decorativos coma os que vedes nas fotografías. Á despedida asistiu o alcalde de Frades, Don Roberto Rey Martínez.
O curso formou parte do Programa Neneiras edición 2016 – 2017, e estivo cofinanciado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e pola Unión Europea dentro do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014 – 2020. Queremos tamén agradecer a colaboración do Concello de Frades.