26 Xuñ, 2017 Clausura do Curso Repostería Creativa en Frades
O xoves 22 de xuño clausuramos o Curso Repostería Creativa enmarcado no Programa
Neneiras edición 2016 – 2017, operación cofinanciada pola Unión Europea. Programa Operativo
Fondo Social Europeo. Galicia 2014 – 2020.
Esta formación levouse a cabo gracias á colaboración do Concello de Frades permitindo que 20
participantes elaboraran cupcakes, cake pops, galletas de avea, tarta red velvet, carrot cake,
melindres… e outros deliciosos doces durante os meses de maio e xuño.
Na cociña do Centro Social de Galegos as mulleres compartiron tardes e receitas e, ao final,
puideron probar todos os doces.