28 Out, 2017 Atope: Clases de apoio para sacar o carné de conducir
O 8 de novembro iniciaremos un curso de apoio para obter o carné de conducir. As clases serán de 10:30 a 12:30 na aula multiusos da Casa de Cultura de Bergondo. Non esperedes a actuación propia dunha autoescola pois non somos tal, pero se precisas dun empuxón para sacar o carné ponte en contacto con nós.
Contacto: +34 981 66 18 40 – 669 86 79 78 ou info@ongmestura.es
Este curso pertence ao programa Atope que está financiado pola Obra Social “la Caixa”.