O programa SAM, conta con dúas liñas de acción. Por un lado, un servizo de información sobre os recursos ofrecidos polas organizacións sociais, incluíndo Mestura, para dar a coñecer información que permita desenvolver estratexias de mellora da inclusión de persoas en risco de exclusión social. E por outro lado, facilitar espazos de accións formativas para a adquisición de competencias lingüísticas nas linguas oficiais de Galicia; e accións formativas de alfabetización dixital para promover o manexo e uso autónomo de dispositivos electrónicos e as súas aplicacións, programas ou recursos que incidan na adquisición de habilidades dixitais e contribúan a reducir a brecha dixital entre persoas que están en risco de exclusión e as que non o están. Dito programa foi posible grazas a finanaciación do Concello de Cambre a través da subvención en réxime de concorrencia competitiva en materia de servizos sociais para o exercicio 2021.