O programa Neneiras na súa edición 2021/2022 busca continuar impulsando o desenvolvemento de accións de carácter social e formativo que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en risco de exclusión social que habitan nos concellos do rural galego. Para iso, contémplanse a realización de actuacións que pretenden proporcionar unha atención integral:
- Brindar información e orientación sobre os recursos comunitarios dispoñibles que permitan cubrir as necesidades básicas.
- Mellorar o benestar psicoemocional das participantes a través da realización de accións de afrontamento adaptativas.
- Ofrecer asesoría mediante servizos especializados nas áreas de mediación e xurídico para dar resposta ás demandas e necesidades das mulleres participantes.
- Fortalecer habilidades personais e sociaies básicas e competencias para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral das participantes.
- Facilitar o desenvolvemento de habilidades sociolaborais nas persoas participantes necesarias para a mellora da súa empregabilidade.
- Proporcionar ás mulleres participantes recursos, técnicas e ferramentas para a búsqueda activa de emprego.
Actuación financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
