A segunda edición do programa «SAIMI: Saúde Integral a Mulleres Inmigrantes» ten como obxectivo fomentar o benestar psicoemocional de mulleres inmigrantes residentes en distintas provincias galegas, favorecer o seu coñecemento e accesibilidade a recursos e programas sociosanitarios e previr condutas de risco que poden comprometer a súa saúde integral, dende un enfoque de xénero.
As accións contempladas neste proxecto son atencións psicoemocionais en contexto terapéutico en formato individual, charlas acerca dos recursos existentes en materia de saúde materno infantil e accións de sensibilización para a prevención da COVID-19 en diferentes idiomas, para superar a posible barreira lingüística entre as mulleres inmigrantes.
Financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).