O programa «SAIMI: Saúde Integral a Mulleres Inmigrantes» ten como obxectivo fomentar o benestar psicoemocional de mulleres inmigrantes residentes en distintas provincias galegas, favorecer o seu coñecemento e accesibilidade a recursos e programas sociosanitarios e previr condutas de risco que poden comprometer a súa saúde integral, dende un enfoque de xénero.
As accións contempladas neste proxecto son atencións psicoemocionais en contexto terapéutico en formato individual e grupal, charlas sobre o funcionamiento do sistema sanitario e os seus servizos, e accións de sensibilización sobre aspectos de saúde da muller.
Financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).