ONG Mestura visita o circo cos nenos e nenas! - ONG MESTURA
17717
post-template-default,single,single-post,postid-17717,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

ONG Mestura visita o circo cos nenos e nenas!

O xoves 21 ONG Mestura acompañou a case 50 nenos e nenas ao circo Holiday. Dentro puideron ver o espectáculo de diferentes artistas: ximnastas de cintas, de hula hoops ou acróbatas aéreos; equilibristas sobre monociclo ou rulos; malabaristas con bolas, aros ou lume; ademais de pallasos, entre outros. Tamén puideron cantar e xogar con algúns personaxes como os da Patrulla Canina, Pocahontas, os Minions ou o mesmo Darth Vader nun show de luces láser.

A xornada foi un regalo anticipado de Nadal para os cativos e cativas que se puido realizar grazas a la Obra Social “la Caixa”. Tamén queremos agradecer a colaboración das voluntarias de ONG Mestura que nos apoiaron así como ao equipo de voluntariado de La Caixa.

Aquí tendes as fotos da tarde.

Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

Circo, Holiday, O Burgo, navidad, nadal, Mestura, ong mestura, culleredo

admin
mestura@gmail.com


E ti, axúdasnos?