O Proxecto ASÍ (ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN INTERCULTURAL) ten por obxecto a contratación a través dos programas de Cooperación da Xunta de Galicia de xoves inscritos en Garantía Xuvenil, para o deesenvolvemento de accións dirixidas á sensibilización no marco dos distintos proxectos que a entidade leva a cabo nos ámbitos da sensibilización educativa e comunitaria.
Financiado pola Xunta de Galicia
E cofinanciado polo fondo social europeo
A persoa contratada por este proxecto poderá coñecer o traballo no ámbito das migracións desenvolvendo actitudes de empatía e respecto pola diferencia, enriquecer a súa experiencia laboral no ámbito do tercer sector e adquirir habilidades persoais e sociais para potenciar a sua empregabilidade.
Os resultados:
O proxecto permitirá levar a cabo procesos de concienciación tanto aos axentes que conforman as comunidades educativas das catro provincias (estudantes, docentes e persoal administrativo) como os/as veciños/as das localidades de Culleredo e Cambre onde a entidade leva a cabo actividades de sensibilización comunitaria.
As persoas inmigrantes que habitan nas zonas onde se desenvolven as actividades de sensibilización comunitaria beneficiaranse de maneira indirecta das accións.