FUNDACION EQUIPO HUMANO NO PROGRAMA XOVES INTERCULTURAIS - ONG MESTURA
17082
post-template-default,single,single-post,postid-17082,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

FUNDACION EQUIPO HUMANO NO PROGRAMA XOVES INTERCULTURAIS

David López Bao é licenciado en Psicopedagoxía pola Universidade de A Coruña, e está en proceso de finalización dunha tésis doctoral na área de Metodoloxía e Investigación en Educación.

Conta cun Master en Prevención de riscos laborais, Master en Xestión de RRHH pola Universidade de A Coruña e formación superior en Comercio Internacional pola EOI en colaboración coa IGAPE. Ademais, está realizando un Postgrao en Orientación Laboral na Universidad de A Coruña.

Durante máis de 7 anos participou en diferentes proxectos de formación e orientación socio – laboral, a nivel estatal e autonómico, levando a cabo tarefas de xestión e orientación, así como na realización de diferentes proxectos de consultoría dentro da área de formación, RRHH e Comercio Internacional. Así mesmo, tamén conta cunha gran experiencia na tramitación de licitacións e concursos públicos a nivel estatal e autonómico relacionados ca área de formación e inserción laboral.

Desde 2014 e actualmente traballa como Consultor e Técnico de Orientación na Fundación Equipo Humano, xestionando a delegación galega e participando en Programas Públicos e Privados de Recolocación de Traballadores.

Durante a actividade  Gymkana Laboral do Programa Xoves Interculturais David logrou que as persoas participantes contasen a súa experiencia e definir seu perfil mentres traballaban a expresión e comunicación.

admin
mestura@gmail.com


E ti, axúdasnos?