31 Xul, 2017 Fragas do Eume cos Xoves Interculturais
O venres 28 de xullo tivemos unha xornada na natureza cos rapaces e rapazas do Programa Xoves Interculturais financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pertencente á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Esta edición do Programa Xoves Interculturais organiza unha Gymkana Laboral con actividades encamiñadas á mellora da empregabilidade e habilidades sociais e comunicativas. A visita ao parque natural das Fragas do Eume servíu para promover aptitudes de solidariedade entre os/as integrantes do grupo.
Achegámonos ata as Fragas do Eume para recorrer a ruta de 8 km a carón do río a pé. Fomos 24 participantes dunha chea de nacionalidades, entre elas a colombiana, chilena, dominicana, española, marroquí, senegalesa e venezolana.