21 Nov, 2017 “En Negro Contra as Violencias”
ONG Mestura súmase á campaña “En Negro contra as Violencias”, xunto con outros 72 municipios de Galicia e 2.859 establecementos e axentes sociais que van participar nesta acción. O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar contra a violencia de xénero en vésperas do 25 de novembro, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
Co lema “Non son números son vítimas” queremos sumar en sensibilización para lograr restar en vítimas. A iniciativa pretende concienciar co número de asasinatos que van neste ano e que lamentablemente seguen aumentado tanto, aos veciños e veciñas de O Burgo, como, aos usuarios e usuarias que se acheguen á oficina de Mestura. Para isto, cubrimos todas as fiestras de cor negro para dar visibilidade a estes crimes e entender que cando se fala só de números hai nomes e apelidos de mulleres e nalgúns casos de nenos e nenas.
Fotos: Alfredo Miranda.