
08 Ago, 2018 eduCANdo con Malibú chega á ONG Mestura
As profes Malibú e Adriana achegáronse a Mestura para falar cos rapaces e rapazas do campamento Pasiños acerca dos coidados coas mascotas e para ser máis responsables e ter máis sensibilidade cos animais. Malibú é unha cadeliña rescatada do abandono que agora se adica a ensinar ós nenos e nenas.
Podedes atopar máis información sobre Malibú en http://educandoconmalibu.com
Non compres, adopta!