25 Ago, 2017 Comeza o programa Galeuropa
A coordinadora de ONG Mestura Liliana Rodrigues, e Julio, un dos participantes no programa Galeuropa interviñeron o día 24 na radio municipal de Culleredo para falar sobre estas prácticas en Braga. Tamén entrou por teléfono outra participante, Regina Aparicio.
Galeuropa é o programa a través do cal se realizan prácticas formativas en Braga con gastos cubertos e apoio continuo por parte de ONG Mestura. En concreto nesta edición, acuden 8 participantes de Galicia, con perfís que van dende psicólogos, educadoras sociais, profesionais do sector audiovisual, etc.
Serán 3 meses de prácticas, en empresas portuguesas segundo a elección que fixeron. A entidade de acollida é a encargada de proporcionar e buscar esas prácticas. Os participantes elixiron como lugar de prácticas traballos semellantes os que desenvolven empresas españolas, e deste xeito personalizáronse ao máximo os seus requerimentos.
O programa Galeuropa está cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e polo Fondo Social Europeo.