28 Ago, 2017 A horta ecolóxica de ONG MESTURA
Estas caixas conteñen as hortalizas e verduras cultivadas na horta ecolóxica da ONG MESTURA, que se encontra no Xardín Botánico “Ría do Burgo”. A persoa encargada de atender o pequeno terreo de labranza é Mhamed, un usuario moi competente en agricultura, que xa en Marrocos se adicaba a estes labores. A súa actividade na horta resultou moi positiva tanto para el como para a entidade.
Algunhas familias reciben produtos desta horta ecolóxica, e tamén, algúns nenos e nenas do programa “As Nosas Cores” entran en contacto coa natureza e aprenden algúns dos procedementos básicos do agro, como regar ou recoller hortalizas.
Neste caso, o contido destas caixas foi doado ás persoas responsables de que esta horta puidese levarse a cabo. Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Culleredo.
Este proxecto intégrase dentro do programa “Paso a Paso”, e está financiado pola Consellería de Política Social (Xunta de Galicia) e o Fondo Social Europeo.