
22 Abr, 2020 22 de abril, día da Terra. 🌎❤️
Todo o quipo da ONG Mestura e os nenos e nenas que participan no programa de difusión medioambiental Voz natura – “As nosas cores ecolóxicas” prestamos especial atención a este día. 🔎🗓️
Aínda que nestes días a maioría das noticias se centran na crisis sanitaria que estamos a vivir, non podemos esquecer os desafíos ambientais aos que nos enfrentamos como sociedade. Durante esta cuarentena, debido á minimización do transporte en carretera e as actividades comerciais, observouse unha diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro. 🚗🛍️🛒📉. Ademais, o confinamento tamén nos deixou imaxes sorprendentes da nosa fauna: animais que reclaman o seu hábitat e se deixan ver por zonas menos habituais (osos, raposos, arroaces…). 🐻🦊🐬
Confiamos que desta situación tan crítica que nos tocou vivir podamos aprender a adquirir hábitos de consumo de bens e servizos máis sostenibles e responsables, para coidar da nosa Terra. 🌎💕