Día Internacional dx Refuxiadx - ONG MESTURA
17049
post-template-default,single,single-post,postid-17049,single-format-gallery,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,no_animation_on_touch,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Día Internacional dx Refuxiadx

Co motivo do Día Internacional do Refuxiado e da Refuxiada celebramos o 20 de xuño o acto enmarcado dentro do Programa Mesturanda nos que colaboraron o Concello de Culleredo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O acto cultural comezou as 19:30 no salón de actos dos servizos múltiples de Culleredo onde nos xuntamos arredor de 100 persoas, entre voluntarios/as, persoal da ONG Mestura e participantes. O centro recreaba a saída dunha persoa emigrante polo aeroporto, como unha metáfora da viaxe que realizan onde o túnel de embarque e as maletas representaban a carga emocional da persoa. A condución da gala foi levada polo xornalista Jose Erre que tamén amenizou a tarde co seu monólogo “La vida en una rotonda”.

Trala presentación levouse a cabo a proxección de fotografías da realidade venezolana realizada polo fotógrafo Gabriel Baiz. A música e o baile puxéronos a Agrupación Orinoco Danza e Tradición e a Agrupación Serenata Venezuela.

O acto clausurouse cunha emotiva versión da canción “Venezuela” cantada por todas as persoas asistentes. Por último, puidemos degustar arepas antes de dar por concluída a xornada.

Ana Veira Ferrin
Ana Veira Ferrin
trabajosocial@ongmestura.es