O Programa Neneiras 2025/2026 continúa a súa andaina coa finalidade de favorecer a inclusión social, a autonomía e a mellora das oportunidades sociolaborais das mulleres migrantes en situación ou risco de vulnerabilidade residentes no rural galego.
Nesta edición, o programa ofrece un acompañamento integral e personalizado, adaptado ás necesidades de cada participante, combinando atención individual, orientación, mediación, asesoramento e diferentes accións formativas.
As participantes contaron con diferentes servizos de apoio destinados a facilitar o seu proceso de integración social e laboral:
Deste xeito, o Programa Neneiras combina o acompañamento individualizado, a formación e a orientación laboral, proporcionando ás participantes ferramentas que contribúan ao seu proceso de integración, autonomía e mellora das súas oportunidades sociolaborais.
Actuación financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo FSE+ Galicia 2021-2027, a través da medida 2.H.03 – Programa de atención a Mulleres en situación de especial vulnerabilidade, co obxectivo de fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, así como mellorar a empregabilidade das mulleres.
