21 Xuñ, 2018 A cadea humana do 20 de xuño
ONG Mestura, en colaboración co Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia, organizou onte unha cadea humana no paseo marítimo de O Burgo para concienciar a cidadanía co motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. A convocatoria pretendía amosar a solidaridade por esta situación de millóns de persoas no mundo.
A cadea congregou a 61 persoas e entre observadores e interesados que se achegaron xuntáronse máis de 100 persoas.
Moitas grazas á voluntaria que leu o manifesto e a tódalas persoas que se achegaron a participar ou a interesarse polo acontecemento.